Foto Damch
O Comité Cidadán de Emerxencia valora positivamente a resposta dada pola cidadanía galega, cuantificada en 10.000 persoas, que asistiron á convocatoria feita por este Comité para a manifestación de hoxe. Ó acto asistiron diversas representacións políticas, sindicais, culturais e colectivos de diversos puntos de Galicia que tamén están loitando por problemáticas específicas das zoas nas que viven e que se solidarizaron con CCE.O final do acto, leu o manifesto Monsterrat Garel en representación do CCE, no que caben destacar os seguintes puntos:
1. Esixir ó Goberno Central, que ten competencias para decidir, que non lle sexa concedida a Acta de Funcionamento Definitiva a Reganosa, polo incumprimento dos condicionados legais de seguridade.
2. Esixir a Xunta de Galicia que a Planta de Gas sexa trasladada ao Porto Exterior.
3. Esixir ó Concello de Ferrol para que acorde dirixirse ao Tribunal Supremo, a fin de que faga firme a sentencia favorable aos cidadáns de Ferrol.
4. Esixir ó Delegado do Goberno que retire as denuncias dos traballadores do mar orixinadas pola defensa da vida, da Ría e da legalidade.
5. Esixir ó Alcalde de Mugardos que anule a Licencia de actividade de Reganosa.
Rematouse a lectura do manifesto coa seguinte idea: “É hora de que os organismos competentes poñan fin ao perigo que supón Reganosa. É o momento de que unha decisión administrativa ou política non autorice o funcionamento, pois é imposible que Reganosa cumpra os condicionados. Aínda estamos a tempo de evitar unha catástrofe con miles de víctimas.
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
http://cociudem.wordpress.com/2007/09/30/manifestacion/
Manifestacion 30 de Setembro'07
PLANTA DE GAS FORA DA RIA!!
http://artabra21.blogspot.com/2007/09/manifestacion-30-de-setembro07-planta.html