Xoves 21 de xuño, 21 h Cacerolada contra Reganosa (entrada 3er. gaseiro) no Porto de Ferrol
Con motivo da chegada dun terceiro gasero cargado de Gas Natural Licuado, o Comite Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. acordou convocar á cidadanía, para o xoves 21 de xuño ás 21 horas, a unha concentración nos peiraos de Ferrol para unha cacerolada - tamborrada de protesta e alerta en relación co perigo que supón as instalacións de Reganosa.
O terceiro metanero que cargado de gas natural licuado pretende entrar na Ría de Ferrol, chámase “Cadiz Knutsen”, cunha eslora total de 284,4 metros, manga ou ancho de 42,5 metros e calado de 11,3 metros, ten capacidade para 138.000 m3. de GNL.
A esta hora coñécese que a entrada na Ría de Ferrol do devandito metanero podería producirse coa segunda pleamar diúrna do xoves 21 de xuño, que terá lugar ás 22:09 horas.
Comite Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol acordou convocar á cidadanía a unha concentración para as 21 horas deste xoves 21 de xuño, nos peiraos de Ferrol, no extremo sur onde atracan as lanchas de pasaxe e no miradoiro existente fronte ás murallas do Arsenal Naval Militar, para protagonizar unha sonora cacerolada e tamboreada.
Ás 20, 00 horas, do xoves 21 de xuño, nos locais da A.VV de Ferrol Vello terá lugar unha rolda de prensa na que se explicarán os motivos desta concentración e outras actuacións a realizar.
O Metanero Cádiz Knutsen
Propiedade de Union FENOSA, o metenero Cádiz Knutsen comezou a navegar no mes de xuño de 2004, unha vez superadas as probas de mar e de gas. O buque está destinado ao transporte de gas natural licuado a baixas temperaturas, “-163ºC”, ten unha capacidade de 138.000m3, mide 284,40 metros de eslora e desenvolve unha velocidade máxima de 19,5 nós. É o segundo dos construídos no estaleiro Puerto Real e supuxo máis de 1.750.000 horas de traballo. O gasero pertence á flota que UNION FENOSA contratou para transportar gas natural licuado (GNL) desde a planta de licuefacción que constrúe no porto exipcio de Damietta.
O buque necesita arredor de 15 días para efectuar unha viaxe Exipto-Ferrol-Exipto navegando á velocidade de deseño, ou preto de 10 días se a descarga prodúcese na terminal de Sagunto. A flota de UNION FENOSA conta con outro metanero de 140.500 metros cúbicos.
- Velocidade en servizo: 19,5 nós
- Tripulación: 40 persoas
- Potencia: 28.000 kW a 83 rpm xerados por unha turbina de vapor tipo Kawasaki-IZAR, fornecida pola Fábrica de Turbinas de IZAR situada en Ferrol.
copiado - Comite Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol