Video realizado polos alumnos asistentes ao curso de guión e gravación promovido pola ONG "Acsur-Las Segovias" e Fuco Buxán. Obtivo un accésit no Certame "Video Diversidade" de Ecoloxistas en Acción.
Via Fuco Buxán
Tamén en Chuza
copiado de Arceibe
Video realizado polos alumnos asistentes ao curso de guión e gravación promovido pola ONG "Acsur-Las Segovias" e Fuco Buxán. Obtivo un accésit no Certame "Video Diversidade" de Ecoloxistas en Acción.
Quen asinamos máis abaixo solidarizámonos coa Plataforma de Veciños do Cruceiro de Meá (Mugardos), pechados no Casa do Concello de Mugardos desde o mes de xullo, porque cremos que calquera veciño, calquera cidadán ou habitante deste país ou de calquera outro ten o dereito a que non lle estraguen a paisaxe e a non vivir a súa vida baixo a ameaza silencionsa dun perigo terríbel.
Quen asinamos este manifesto acreditamos que a xustiza e as leis que nos damos teñen que servir para defender os principios de igualdade e de liberdade, e non para protexer os intereses dos máis poderosos e xustificar as decisións que estes toman á marxe de toda legalidade e amparándose nos recantos máis escuros da sociedade e da humanidade.
Quen asinamos estas liñas acreditamos nun modelo de desenvolvemento sustentábel e autocentrado, que non repita os erros que no pasado se cometeron ao localizar empresas en sitios inaxeitados e que ao promover industrias de enclave que dun ou doutro xeito acaban por explotar e esgotar os recursos naturais que tamén son patrimonio de alguén, de nós ou doutros pobos.
Quen asinamos aquí sabemos que a existencia de REGANOSA en Punta Promontoiro trouxo tamén consigo a miseria e a baixeza morais de quen quixo ou precisou poñerse do lado dos poderosos, a tristura de ver enfrontados a veciños con veciños e a familias con familias, e que non hai forma máis implacábel de acabar cunha comunidade que destrozala desta maneira.
Quen asinamos temos a esperanza de que aconteza o que aconteza coa nosa causa, outros tomen nota, compartan e nos ensinen e aprendan desta loita que ante todo é xusta e fraternal.
Asina este manifesto aquí.
A visita de Xosé Manuel Beiras aos veciños de Meá axudou a demostrar que o problema da planta de Reganosa no interior da ría transcende dos posicionamentos públicos dos partidos políticos e afecta transversalmente a todos eles provocando (nalgúns máis dramaticamente que noutros) fendas nos seus propios seos. Non é, malia o que moitos pretendan transmitir para propio consolo, a loita de IU contra o resto. Dou fe.
copiado do blog ARTRITRIS
Prégase que os exemplares asignados (adxuntando nome e apelidos, ocupación e dni) se entreguen ao Comité Cidadán ou se envien por Correo Postal á seguinte dirección:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
Ateneo Ferrolán
Apartado de Correos 303
Ferrol 15401
CAMPAÑA DE RECOGIDA DE FIRMAS CONTRA LA UBICACIÓN DE REGANOSA.doc (31.5 KB, 0 visitas) | |
CAMPAÑA DE RECOGIDA DE FIRMAS CONTRA LA UBICACIÓN DE REGANOSA.pdf (11.5 KB, 0 visitas) |
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE SIGNATURAS CONTRA PLANTA DE GAS DENTRO DA RÍA.doc (32.5 KB, 0 visitas) | |
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE SIGNATURAS CONTRA PLANTA DE GAS DE….pdf (12.8 KB, 0 visitas) |
Adxunto remítese a resposta recibida do Fiscal Anticorrupción, ao escrito que se lle enviou o 9 de xullo no que se lle solicita que habra unha investigación das decisións adoptadas pola Xunta de Galicia presidida por D. Manuel Fraga, no que se refire á instalación dunha planta de gas no interior da Ría de Ferrol, e así mesmo que se investiguen e auditen as axudas, prestamos ou outro tipo de actuacións ás empresas do grupo Tojeiro promotor e fundador de Reganosa.
Escrito ao Fiscal Anticorrupción de 9 xullo 2007.pdf |
Resposta Fiscal Anticorrupción 19 xullo 2007.pdf |
Olá a tod@s, como xa saberedes os veciños da parroquia de Mehá están en peche INDEFINIDO no concello de Mugardos reclamando accións contra REGANOSA, empresa que incumpre toda a normativa española e da UE. Este caso é un máis dos que se están producindo por toda Galiza, sempre coas mesmas constantes: empresario sen escrúpulos, silencio mediatizo e corrupción política. O mesmo que ocorre no Courel, en Moaña, Redondela, e un amplísimo e interminable etc. Os cidadáns pensamos que xa é tempo de xuntarmos e plantarlles cara aos que están acabando con este país. Mabel Rivera y Henrique Banet estamos artillando unha plataforma cidadá para denunciar estes feitos y plantarlles cara. Polo de agora xa fixemos un vídeo sobre REGANOSA que estamos a presentar por toda Galicia para dar a coñecelo tema, e vendelo para recadar fondos para apoiar a loita do Comité Cidadá de Emerxencia, aos mariscadores (que agora teñen que afrontar multas) e a xente de Mehá.
Vos invitamos a participar nesta rede.
Si estades interesados vos propoñemos, salvo que teñades outras propostas o seguinte.
1º Organiza presentacións deste vídeo titulado “O salario do silencio, e si queredes podedes contar coa nosa presencia.
2º Axúdanos a vendelo vídeo (a 12 €). Tódolos beneficios irán para axudar a loitar contra estre problema: avogados, multas,….
3º Apoia os veciños de Mugardos pechándote con eles os días, ou as horas, que poidas, para que sintan que todos estamos con eles. Si decides facelos sería conveniente que nos lo comunicaras para coordinar aos diferentes grupos e que o apoio sexa permanente.
Por último ofrecervos o nos apoio, a través da realización de vídeos denuncia que serán distribuídos na mesma rede. Actualmente estamos traballando na segunda parte de Reganosa, e preparando outro de apoio a SOS Courel, zona que pretender catalogar como mineira o que arruinaría para sempre estas paraxes marabillosas, e todo elo a pesar de que o propio presidente da Xunta recoñece que son explotación ilegais. ¡Incrible!
Esperamos contar coa vosa colaboración e coa difusión desta mensaxe.
Un aperta
collido de Chuza
Manteñamos a solidariedade coa veciñanza pechada no concello de Mugardos:
Facendo visitas individuais ao lugar do peche, na casa do Concello de Mugardos.
O venres 27 de xullo, as 20 horas os integrantes da Asemblea Cidadán estamos a coincidir na visita, para ver si concretamos mobilizacións de apoio nos vindeiros días. Caso necesario improvisaríase unha xuntanza na Praza do Concello, onde fan o cine.
Enviándolles cartas ou telegramas de apoio e solidariedade á Casa do Concello. Av. de Galiza, 45, Mugardos 15622, teléfono 981470290 e Fax: 981 472 017.
Remitindo aos medios de comunicación notas de prensa de apoio.
Acordando en asociacións, comités de empresa e outras entidades, mostras de solidariedade e apoio á veciñanza pechada, na defensa da vida, das súas vivendas e da súa seguridade.
Remitindo cartas, Fax ou telegramas as autoridades que abaixo se indican, para que atendan as demandas veciñais e para que non sexa aprobada o acta de explotación comercial, ou de entrada en funcionamento definitivo, que Reganosa ten obrigatoriamente que solicitar si pode acreditar que ten rematadas as obras,das que o pasado mes de xuño había anunciado seu remate e agora sábese que as ten retrasadas por mor de trapalladas nas mesmas, non séndolle posible resolver tódolos condicionados da súa autorización de construción.
A continuación se indican uns enderezos de autoridades implicadas, as que se pode manifestar o rexeitamento a REGANOSA e o apoio á veciñanza de Mugardos, asemade solicitar seu apoio para que non sexa aprobada o acta de explotación comercial, ou de entrada en funcionamento definitivo, que Reganosa ten a obriga de solicitar. Non sendo posible que Reganosa resolva os condicionados de distancias as poboacións e de saída o mar dos buques gaseiros en caso de emerxencia, tamén para solicitarlles que sexa paralizada a actividade en probas de Reganosa e que non reciba mais metaneros cargados de gas natural licuado, a fin de que deixe de ser unha ameaza para a vida da poboación e o medio ambiente na Ría de Ferrol
Xosé Fernández Barcia (En marzo de 2004 firmou a licenza municipal de obras e actividade).
Alcalde de Mugardos
Avda. de Galicia, 45
Mugardos 15620, Tel.: 981 470 338 / 470 290 - Fax: 981 472 017
Emilio Pérez Touriño (Apoia a Reganosa e aprobou un indebido Plan de Emerxencia Exterior)
Presidente da Xunta de Galicia
Edificios Administrativos - San Caetano, s/nSantiago de Compostela 15704, Tel.: 981 541 213/541 214 - Fax: 981 541 219
Correo-e: secre.presiden@xunta.esAnxo Manuel Quintana González (Idem do Presidente a dúo co mesmo)
Vicepresidente da Igualdade e do BenestarEdificios Administrativos - San Caetano, s/n
15704 Santiago de Compostela, Tel.: 981 544 619 / 21 - Fax: 981 545 620Manuel Amejeiras Vales (Ordenou o emprego da forza publica para a entrada de metaneros)
Delegación do Goberno
Praza de Ourense 11 - 15004 A Coruña, Tel.: 981 989 000 Fax: 981 989 247
Francisco Barroso Palomino (Compételle aprobar ou non o acta de explotación comercial)
Area de Industria e Enerxía
Durán Loriga, 9-5º - 15071 A Coruña, Tel.: 981 216 562/63 - Fax: 981 225 246
Joan Clos i Matheu (No ano 2004 seu Ministerio aprobou a autorización de construción (*))
Ministro de Industria
Pº de la Castellana, 160, 28071, Madrid - Tel.: 902 446 006, Fax: Fax: 91-457-8066
(*) (O Area de Industria y Enerxía e un organismo dependente do Ministerio de industria.
Seguimos recollendo as firmas en contra de que as autoridades den a autorización definitiva de funcionamento de Reganosa. Abaixo tedes datas e lugares xa pechados. Tamén engadimos textos en pdf para que poidades por vosa conta recollelas e posteriormente envíalas ao Apartado de Correos 303 de Ferrol.
Salientar que a data de hoxe hai novas incorporacións ao manifesto. Entre elas o de Ignacio Ramonet, director de “Le Monde Diplomatique”.
Venres 20 de xullo. Ferrol e Mugardos.
No Peirao de Ferrol, de 12 ás 15 h; e desde as 17 ás 20h, xunto o embarcadoiro das lanchas de Mugardos.
Sábado 21 de Xullo. Ferrol.
Na Praza de Armas, de 11 a 13 horas.
Día 23 de xullo. Ferrol.
Na Praza de España, diante da cafetería Avenida, de 11 a 13h.
Día 25 de xullo. Compostela.
Na Alameda de Santiago, desde as 11h.
Día 30 de xullo. Ferrol.
Na Praza de España, diante da cafetería Avenida, de 11 a 13h.
Nas mesas haberá un boletín para informar ó público, cun resume desde o ano 2001 das actuacións do Comité Cidadán de Emerxencia.
Tamén teremos as bandeiras deseñadas cun tamaño de 900×700 mm, o mesmo cas de Nunca Máis, con color vermello e letras brancas. Terá o custe dun euro a fin de financialas actividades do Comité Cidadán.
Excmo Sr D. Emilio Pérez Touriño
Presidente da Xunta de Galicia
Pazo de Raxoi - Praza do Obradoiro
Excmo Sr D. Anxo Manuel Quintana González
Vicepresidente da Igualdade e do Benestar
Edificios Administrativos - San Caetano, s/n
Carmelo Teijeiro Menéndez, na súa condición de Coordinador de Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol no que están integrados un gran número de entidades cidadás, culturais e ecoloxistas, EXPÓN:
Coñecemos polos medios de comunicación que Protección Civil de Galicia iniciou un procedemento para que o Consello da Xunta de Galicia aprobe un Plan de Emerxencia Exterior para a Planta de Gas que REGANOSA constrúe dentro Ría de Ferrol, nun espazo rodeado de poboación cuxa vida está ameazada polas probas que Reganosa realiza desde o pasado 9 de maio e pola entrada de cinco metaneros que descargaron un total de 598.570 m3 de gas natural licuado.
Temos constancia de que Reganosa non terminou as obras, nin resolveu todos os condicionados da súa autorización de construción de 13 de febreiro de 2004, entre éles non acreditou o cumprimento do articulo 12 do Real Decreto 1254/99, de 16 de xullo, sobre distancia suficiente ata os núcleos de poboación en función dos riscos que pode provocar unha instalación perigosa como unha Planta de Gas, o que é imposible de resolver segundo consta no informe de xaneiro de 2004 da Dirección Xeral de Urbanismo, organismo competente para aplicar en Galicia dito articulo 12. Así mesmo non está acreditado por Reganosa, nin polos informes da Autoridade Portuaria de Ferrol, que poida ser cumprimentada a saída ao. mar dos buques gaseros en caso de emerxencia durante a descarga, ou no seu tránsito polo interior da angosta e pequena Ría de Ferrol, segundo require a norma EN-1532 que é aplicable ao proxecto de Reganosa.
Segundo o articulo 11.5.a do Real Decreto 1254/99, o prazo para elaborar un Plan de Emerxencia Exterior (en adiante PEE) é de tres anos, despois do inicio da explotación, polo tanto no caso de Reganosa é falsa a afirmación de que dito PEE sexa necesario para a súa entrada en funcionamento, outro asunto e irregular é que a Xunta de Galicia, por motivos inexplicables, queira presionar á administración central para que aprobe o funcionamento definitivo de Reganosa, que ésta non pode obter porque non ten resoltos os condicionados da súa autorización de construción. Por outra banda na Delegación Provincial da Consellería de Industria con data 10 de xullo pasado negáronnos poder examinar o Informe de Seguridade de Reganosa, que segundo o articulo 13.3 de devandito Real Decreto deberia estar a disposición do público.
Por todo iso o procedemento dun Plan de Emerxencia Exterior para Reganosa, é irregular e destinado a encubrir en falso o risco dunha catástrofe para a que non existen medios que poidan evitar miles de victimas, ademais de cuantiosos danos ao medioambiente e á riqueza marisqueira.
En particular prestouse a unha manipulación nos medios de comunicación, e a unha actuación errónea do Alcalde de Mugardos, o que no devandito Plan de Emerxencia Exterior menciónese un falso “radio de protección ou de seguridade de 400 metros”, cando en todo o Estado Español das Autonomías, para industrias perigosas, segundo o RAMINP, a distancia mínima de seguridade ou de protección e de 2.000 metros, obrigatoria segundo a sentenza do Tribunal Supremo do 1 de abril de 2004 para unha Depuradora en Aranda de Duero.
Tambén informámoslle que con data 20 de febreiro de 2004 a Delegación Proivincial da Conselería de Medio, segundo copia que se acompaña, en aplicación do RAMINP cualificou a Reganosa como actividade molesta, isalubre, nociva e perigosa, condicionada ao cumprimento da DEA de 11 de xuño de 2001 aprobada pola Consellería de Medioambiente, que foi anulada por dúas sentenzas do TSXG. Ademais en dita DEA, e no resto do expediente, non existen medidas correctoras que eviten os riscos que para as poboacións próximas pode provocar o funcionamento de Reganosa.
En setembro de 2005 enviamos ao. Conselleiro de Medio un total de 5.469 firmas, solicitandolle que a Xunta de Galicia acatase a sentenza 536/2004 do TSXG, primeira que anulou a falsa tramitación ambientral aprobada o 11 de xuño de 2001 pola Consellería de Medioambiente e que consecuentemente se retirase do recurso de casación que habia sido presentado en xullo de 2004 ao Tribunal Supremo polos servizos juridicos da Xunta de Galicia.. Non tivemos resposta.
O pasado 20 de xaneiro recordámosllo ao. Conselleiro de Medioambiente na súa visita a Ferrol, quen ante os medios de comunicación prometeu que en dez días concederíanos unha entrevista para dar resposta á proposta que lle realizamos a fin de que a Xunta de Galicia retírese dos dous recursos de casación que presentou, en xullo de 2004 e setiembre de 2006, ao Tribunal Supremo, contra as sentenzas do TSXG números 536/2004 e 606/2006 que anularon tal falsa tramitación ambiental de 11 de xuño de 2001. Seguimos esperando a súa resposta para entrevista que por escrito reiteramos varias semanas despois do 20 de xaneiro.
A Xunta de Galicia non debería sentirse cautiva do Convenio de Colaboración asinado en xullo de 2000 polo entón Presidente da Xunta de Galicia con outros socios de Reganosa, contrario aos intereses xerais dos galegos e que resta autonomía á Xunta de Galicia para desenvolver unha plataforma gasista galega con opcións mais solventes e de mais futuro que respecten a vida humana e o desenvolvemento sostible. O actual Presidente da Xunta e Conselleiro de Economía advertirían que tal Convenio tamén ten a chave para desfacerse de Reganosa, nos seus puntos 18 e 20, pois Reganosa ten problemas de viabiliade económica e é unha ameaza á vida da poboación, sendo imposible resolver as distancias á poboación e a saída de emerxencia dos buques gaseros.
Tamén temos información segun a cal é falsa a cualificación estratéxica que desde a Xunta de Galicia desde fai uns sete anos vén aplicando ao proxecto de Reganosa, e da que a actual Xunta de Galicia debería saber desembarazarse, máxime cando por mor da OPA a ENDESA hai operadores de gas europeos dispostos a construír unha Planta de Gas no Porto Exterior de Ferrol ou en mar aberto do Golfo Ártabro, cun proxecto compatible co desenvolvemento sostible, sen ameazar a vida da poboación e empregando vaporizadores de circuíto pechado para non utilizar a auga do mar, todo éllo a tempo suficiente para unha plataforma gasista que de xeito auténtico responda aos intereses estratéxicos de Galicia.
Para falarlle de todo éllo SOLICITO que, o mais pronto posible concédanos unha entrevista, ou si prefire un debate con vostede a realizar en directo nunha televisión con audiencia en Galicia.
Ferrol 19 de xullo de 2007.
Asinado: Carmelo Teijeiro Menéndez
O seu correo electrónico é:
comitecidadan@iespana.es
A súa web:
http://comitecidadan.org/
Escrito 13 xullo 2007 sdni de Mehá a Direc General Proteccion Civil Madrid.pdf 121K |
Escrito de 18 de xullo 2007 sdni a Direc Gen Protec Civil Madrid.pdf 82K |
Para coñecemento de quen aínda non realicen ingreso infórmaselles do seguinte:
Os que abaixo asinan, manifestan o seu total desacordo coa ubicación dunha planta de Gas Natural Licuado dentro da pequena e angosta Ría de Ferrol, que Reganosa está construíndo sen ter acreditado que cumpre coa lexislación vixente, nas proximidades de núcleos de poboación que suman máis de 100.000 habitantes, cuxa vida ameazaría en caso de entrar en funcionamento, co risco permanente dun accidente grave na planta ou nos grandes buques gaseros cargados de GNL, cuxa ruta de navegación pasaría a escasa distancia da poboación e do arsenal naval militar.
Tamén, no caso de entrar en funcionamento, Reganosa ameazaría a destrución da riqueza natural da Ría, que é o medio de vida de preto dun milleiro de mariscadores, así mesmo sería un grave obstáculo para a declaración de patrimonio da humanidade proposta para os Castelos e Arsenais, ademais de que provocaría perdas no patrimonio histórico e na potencialidade turística.
Denunciamos que é imposible que Reganosa poida cumprimentar os condicionados impostos na súa autorización de construción, sobre distancias de seguridade respecto das poboacións próximas e para a saída de urxencia dos buques gaseros, polo que non estarían salvagardadas as persoas e os seus bens. Denunciamos o anuncio da súa entrada en funcionamento saltándose ditos condicionados. Así o facemos constar cando aínda estamos a tempo de evitar unha traxedia.
Pola ameaza que implicaría Reganosa para a vida humana nas poboacións próximas e por ser totalmente contraria ao desenvolvemento sostenible da Ría de Ferrol, non debe ser autorizada a súa entrada en funcionamento, trámite que ten a obrigación de solicitar.
Desde o ano 1994 en Cabo Prioriño existe unha ubicación idónea para unha Planta de Gas en Galicia, no mesmo espazo onde se está construíndo o Porto Exterior, con suficiente illamento da poboación e onde se poden cumprimentar todos os requisitos aplicables, a tempo suficiente para que Galicia poida dispoñer dunha plataforma gasista.
Nome e apelidos Ocupación DNI
Manuel Rivas Barros, Escritor. Teresa Navaza González, Xornalista. Suso de Toro Santos, Escritor. Lino Braxe Mendía, Poeta-Actor. Xosé Manuel Beiras Torrado, Catedrático. Luis Gonzalez Tosar, Escritor. Xesús Alonso Montero, Catedrático. Laura Perez Landeira, Empresaria. Adela Figueroa, Presidenta de Adega. Miguel de Lira, Actor. Xan Duro, Coordinador Xeral de Verdegaia. Antonio Carnero Pose, Investigador. Manuel Lago Peñas, Economista. Enrique Banet Lopez, Realizador. Mabel Rivera, Actriz. Elina Luaces Ferreiro, Actriz. Jose Naya Díaz. Catedrático. Pedro A. Pomo García, Escritor. Modesto Fraga Moure, Escritor. Francisco M. López Martínez, Escritor. Xavier Castro Martínez, Diseñador (e siguen moitos máis)…
Prégase que os exemplares asignados (adxuntando nome e apelidos, ocupación e dni) se entreguen ao Comité Cidadán ou se envien por Correo Postal á seguinte dirección:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
Ateneo Ferrolán
Apartado de Correos 303
Ferrol 15401CAMPAÑA DE RECOGIDA DE FIRMAS CONTRA LA UBICACIÓN DE REGANOSA.doc (31.5 KB, 0 visitas) | |
CAMPAÑA DE RECOGIDA DE FIRMAS CONTRA LA UBICACIÓN DE REGANOSA.pdf (11.5 KB, 0 visitas) |
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE SIGNATURAS CONTRA PLANTA DE GAS DENTRO DA RÍA.doc (32.5 KB, 0 visitas) | |
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE SIGNATURAS CONTRA PLANTA DE GAS DE….pdf (12.8 KB, 0 visitas) |
Explota gasoducto en Querétaro
Martes 10 de julio (06:35 hrs.)
cacerolada dia 13 julio entrada del 5º gasero en Ferrol
podes baixalo da mula
REGANOSA - Cacerolada dia 13 julio entrada del 5º gasero en Ferrol.wmv
Cacerolada contra Reganosa II
Derrape na ría