Galicia
Reganosa peligrosa

25/8/07

Manifestación cidadán do 30 de Setembro en Ferrol

Cartaz aprobado polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, para convocar a manifestación cidadán do 30 de Setembro en Ferrol

(Se tés posibilidade difunde o cartaz na rede)
(En versión impresa imos facer 1000 copias)

(Para ampliar clicar acima do cartaz)

17/8/07

Unha nova vitoria da cidadanía de Ferrol-Terra.

Eran as 8:30hs. da mañá, e o buque "Akwa Ibom", foi forzado a abortar o intento de entrada na Ría de Ferrol, pola presión cidadá, pois as lanchas da Xente do Mar e o Comité Cidadán, bloquearon a Ría impedindo que o perigoso buque entrara na Ría poñendo en perigo á poboación.

A Guardia Civil ten detido o noso veciño o mariscador, José Angel Rios, sen dar explicación(como sempre) de tal proceder. O avogado do Comité Cidadán xa está sobre o asunto.

Hoxe ás 20:00hs. está convocada unha nova concentración no peirao de Ferrol. Non hai confirmación de que o gaseiro vaia a entrar na pleamar desta tarde, mais o Comité Cidadán ten convocado igual a cacerolada. Así como mañá, Sábado 18 de Agosto, ás 8:00hs. da mañá que sí é mais probabel que o intente.


Esta é unha nova vitoria da cidadanía de Ferrol-Terra.

Picasa Slideshow




[Seguiremos informando] copiado do blog Plataforma Artabra 21

16/8/07

Os veciños de Meá (día 24)




A visita de Xosé Manuel Beiras aos veciños de Meá axudou a demostrar que o problema da planta de Reganosa no interior da ría transcende dos posicionamentos públicos dos partidos políticos e afecta transversalmente a todos eles provocando (nalgúns máis dramaticamente que noutros) fendas nos seus propios seos. Non é, malia o que moitos pretendan transmitir para propio consolo, a loita de IU contra o resto. Dou fe.

copiado do blog ARTRITRIS

15/8/07

O Metanero 'Akwa Ibom', é o sexto con destino a Reganosa, en ruta para entrar na angosta Ría de Ferrol este próximo xoves 16 de agosto de 2007

O sexto metanero con destino a Reganosa, chámase Akwa Ibom. Foi construído no ano 2004 nos estaleiros coreanos Hyundai Heavy Ind., ten bandeira de Bermudas e o seu propietario é Bonny Gas Transport Bermuda Shell. Cunha eslora de 285 metros ten capacidade para transportar 134.487 metros cúbicos de Gas Natural Licuado, descoñecéndose neste momento a carga que trae, o seu desprazamento total é de 118.000 toneladas. Vén en ruta para entrar na angosta ría de Ferrol este próximo xoves 16 de agosto de 2007 ás 19:23 horas, coa única pleamar diurna, para repetir a ameaza á vida humana durante a súa entrada e descarga, pois este tipo de buques no caso dunha emerxencia, durante a descarga ou na súa navegación por dentro da Ría, non teñen garantida a saída ao mar, con rapidez e polos seus medios, tal e como require a norma EN-1532 que é obrigatoria para Reganosa.

Segundo acordo da última Asemblea Cidadá do pasado 9 de agosto o Comité Cidadán de Emerxencia convocará como mínimo unha cacerolada nos peiraos de Ferrol, sen descartar outras actuacións en función dos medios dispoñibles.

A continuación unha foto do Metanero Akwa Ibom, tomada de Internet, na que se pode apreciar que o seu tamaño é dos máis grandes.

________________

CONCENTRACIÓN
Xoves 16 de Agosto

Ás 7 da Tarde, no Porto de Ferrol,
para protestar pola entrada na Ría,
dun novo buque gaseiro,
cargado de GNL,
para REGANOSA

Acude á concentración
con cacerolas ou
elementros de percusión

Participa !!


Convoca:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

copiado do blog Plataforma Artabra 21

13/8/07

Necesitamos a túa firma

Ampliouse a recollida de firmas ata finais de agosto

Prégase que os exemplares asignados (adxuntando nome e apelidos, ocupación e dni) se entreguen ao Comité Cidadán ou se envien por Correo Postal á seguinte dirección:

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
Ateneo Ferrolán
Apartado de Correos 303
Ferrol 15401

correo electrónico é: comitecidadan@iespana.es
copiado do blog do blog do Cté. Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Tipo de Archivo: doc CAMPAÑA DE RECOGIDA DE FIRMAS CONTRA LA UBICACIÓN DE REGANOSA.doc (31.5 KB, 0 visitas)
Tipo de Archivo: pdf CAMPAÑA DE RECOGIDA DE FIRMAS CONTRA LA UBICACIÓN DE REGANOSA.pdf (11.5 KB, 0 visitas)
Tipo de Archivo: doc CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE SIGNATURAS CONTRA PLANTA DE GAS DENTRO DA RÍA.doc (32.5 KB, 0 visitas)
Tipo de Archivo: pdf CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE SIGNATURAS CONTRA PLANTA DE GAS DE….pdf (12.8 KB, 0 visitas)

7/8/07

Resposta do fiscal Anticorrupción ao Comité Cidadán: asunto REGANOSA e a anterior administración do goberno Fraga


Adxunto remítese a resposta recibida do Fiscal Anticorrupción, ao escrito que se lle enviou o 9 de xullo no que se lle solicita que habra unha investigación das decisións adoptadas pola Xunta de Galicia presidida por D. Manuel Fraga, no que se refire á instalación dunha planta de gas no interior da Ría de Ferrol, e así mesmo que se investiguen e auditen as axudas, prestamos ou outro tipo de actuacións ás empresas do grupo Tojeiro promotor e fundador de Reganosa.

O escrito enviado ao Fiscal Anticorrución ía acompañado de diversa documentación, entre ela o Convenio de Colaboracion de xullo de 2000 asinado por Manuel Fraga con outros socios de Reganosa, cunha clausula de confidencialidade, no que a Xunta se comopromete a asegurar a viabilidade económica de Reganosa no caso de que existan problemas que tal convenio especifica. Tamén ao Fiscal Anticorrupción se lle achegou copia do Rexistro Mercantil onde consta que José Antonio Orza [Ex conselleiro de Economía con D. Manuel Fraga] é socio do Sr Tojeiro na empresa do Taboleiro S.A. Intasa, así como notas de prensa nas que o Sr. Orza admite a súa participación en diversas empresas do Grupo Tojeiro entre elas Intasa e Forestal del Atlántico S.A.

Na súa reposta o Fiscal Anticorrupción di que os feitos pola súa natureza non son da súa competencia, polo cal os remíte á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
Carmelo Teixeiro


Para ampliar a imaxe clica acima dela


_______
Á persoa que lle interesen os escritos, que stán en formatoPDF, podeos solicitar, escribindo a:

artabra21@gmail.com




Escrito ao Fiscal Anticorrupción de 9 xullo 2007.pdf


Resposta Fiscal Anticorrupción 19 xullo 2007.pdf

________________
LEMBRAR QUE O VINDEIRO XOVES, DÍA 9 DE AGOSTO VAI TER LUGAR A XV ASEMBLEA CIDADÁ, NOS LOCAIS DA ASOCIACIÓN VECIÑAL DE FERROL VELLO.
PARTICIPA !!

[+ info]
____________________

copiado do blog Plataforma Artabra 21

3/8/07

Mabel Rivera & Henrique Banet chaman ao activismo cidadán e cibernético

Olá a tod@s, como xa saberedes os veciños da parroquia de Mehá están en peche INDEFINIDO no concello de Mugardos reclamando accións contra REGANOSA, empresa que incumpre toda a normativa española e da UE. Este caso é un máis dos que se están producindo por toda Galiza, sempre coas mesmas constantes: empresario sen escrúpulos, silencio mediatizo e corrupción política. O mesmo que ocorre no Courel, en Moaña, Redondela, e un amplísimo e interminable etc. Os cidadáns pensamos que xa é tempo de xuntarmos e plantarlles cara aos que están acabando con este país. Mabel Rivera y Henrique Banet estamos artillando unha plataforma cidadá para denunciar estes feitos y plantarlles cara. Polo de agora xa fixemos un vídeo sobre REGANOSA que estamos a presentar por toda Galicia para dar a coñecelo tema, e vendelo para recadar fondos para apoiar a loita do Comité Cidadá de Emerxencia, aos mariscadores (que agora teñen que afrontar multas) e a xente de Mehá.

Vos invitamos a participar nesta rede.

Si estades interesados vos propoñemos, salvo que teñades outras propostas o seguinte.

1º Organiza presentacións deste vídeo titulado “O salario do silencio, e si queredes podedes contar coa nosa presencia.

2º Axúdanos a vendelo vídeo (a 12 €). Tódolos beneficios irán para axudar a loitar contra estre problema: avogados, multas,….

3º Apoia os veciños de Mugardos pechándote con eles os días, ou as horas, que poidas, para que sintan que todos estamos con eles. Si decides facelos sería conveniente que nos lo comunicaras para coordinar aos diferentes grupos e que o apoio sexa permanente.

Por último ofrecervos o nos apoio, a través da realización de vídeos denuncia que serán distribuídos na mesma rede. Actualmente estamos traballando na segunda parte de Reganosa, e preparando outro de apoio a SOS Courel, zona que pretender catalogar como mineira o que arruinaría para sempre estas paraxes marabillosas, e todo elo a pesar de que o propio presidente da Xunta recoñece que son explotación ilegais. ¡Incrible!

Esperamos contar coa vosa colaboración e coa difusión desta mensaxe.

Un aperta


Mabel Rivera & Henrique Banet


collido de Chuza

Enlace orixinal A dorfunteca