Galicia
Reganosa peligrosa

29/6/07

Fundamentos encontra á Instalación da Planta de Gas dentro da Ría

Publicado o quinto Fundamento que ven achegando Ferrol CAPE, o Colectivo Universitario Opositor á Instalación da Planta de Gas dentro da Ría -

Publicado o quinto Fundamento que ven achegando Ferrol CAPE, o Colectivo Universitario Opositor á Instalación da Planta de Gas dentro da Ría - www.f-cape.org -.

Até agora foron catro máis un, ademais doutros contributos que este Colectivo ven facendo á loita contra os despropósitos de REGANOSA e a complicidade das diferentes administracións.

Fundamentos e razóns que pretenden dar argumentos que invaliden técnica e legalmente a ubicación da planta de Gas Natural Licuado (GNL) que está construíndo REGANOSA en Mugardos, dentro da Ría de Ferrol.

Neste momento están elaborando unha alternativa viábel á actual localización de REGANOSA que situarían fóra da Ría e lonxe das zonas poboadas.

Enlazar co Fundamento 5º nos Arquivos Ártabros:

FUNDAMENTO 5º : Non cumpre a norma UNE - NE 1473 sobre INSTALACIÓNS E EQUIPOS PARA GAS NATURAL LICUADO - Deseño para as instalacións terrestres - Maio 1998


copiado do blog de plataforma Artabra 21


copiado dos Archivos Artabros

28/6/07

Proxéctase por diferentes lugares da xeografía galega "O salario do silencio" que analiza á planta de Reganosa en Mugardos




XORNAL. COM - Santiago.- "O Salario do Silencio" é un traballo documental que pretende aportar unha información obxectiva e contrastada sobre a problemática da planta regasificadora construída dentro da Ría de Ferrol, na parroquia de Mehá (Mugardos). Pero o que pretende, sobre todo, "é axudar a romper o silencio que sempre rodeou a esta instalación e informar á sociedade de cómo se levan a cabo certos proxectos empresariais ou urbanísticos que poden afectar gravemente aos cidadáns, aos que nunca se lles consulta sobre decisións que atentan impunemente contra as súas vidas, o seu entorno e, sobre todo, a súa seguridade", di a productora, Namche Films, nunha nota de prensa.

"O silencio (ou a manipulación) dos medios foi de tal alcance que non é de extrañar que os afectados, aos que poucas veces se lles dá oportunidade de falar sen cortapisas, se volcasen con absoluta xenerosidade neste traballo, ávidos de poder manifestar todo aquilo polo que levan tanto tempo loitando sen recibir a atención que merecen, tanto polo seu esforzo como pola gravidade dos feitos que denuncian", engaden.

O proxecto conta coa colaboración de numerosas asociacións e colectivos veciñais, profesionais, ecoloxistas, xurídicos, culturais, corpos de seguridade, sanitarios, etc., etc., que integran o Comité Cidadán de Emerxencia. "E contamos tamén coa negativa dos responsables directos desta situación: tanto os directivos da planta como certos alcaldes e algún que outro concelleiro e alto cargo, que ou ben se negaron a ser entrevistados, ou ben seguimos agardando a que se poñan ao teléfono. Se por eles fose, o silencio continuaría", rematan.

A productora

NAMCHE FILMS está formada por Enrique Banet, director de fotografía pola E.O.C. e realizador de televisión, que se encargou da dirección, guión, cámara e edición deste traballo; e Mabel Rivera, actriz, ocupouse da documentación, produción executiva e voz en off.

"O Salario do Silencio" gravouse orixinalmente en galego, aínda que para chegarmos a un público máis amplo saímos ao mercado inicialmente en español, dado que esta produción é totalmente independente, e está orientada ao mercado do DVD. Os beneficios irán destinados á Confraría de Mariscadores de Ferrol, a quen tamén dedican este traballo.

Proxeccións
O documental foi xa proxectado en Ferrol, Brión, Mugardos e Cangas, pero averá novas oportunidades de velo mañá 28 xuño as 20:30 horas na Escola de Belas Artes de Pontevedra.

Están pendentes de confirmación outras datas (4 e 5 de xullo) en Compostela e Vigo, respectivamente, e tamén será posible velo nas próximas semanas en A Coruña, Lugo, O Porriño, Redondela e Ribeira, entre outras localidades.
_________________________________________

Asociación Veciñal Fontelonga de Esteiro - Ferrol

web da asociación:
http://fontelonga.org/

Blog da asociación:
http://www.blogoteca.com/blogfontelonga/index.php
_________________________________________

Marcadores: ,

copiado do blog platafroma Artabra 21

Esta


27/6/07

Cté. Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Logo oficial do Cté Cidadán de EmerxenciaEste é o novo blog do Cté. Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, anteriormente aloxado en Bitácoras.com, e agora xa en wordpress, desde o 28 de xaneiro de 2007.

O Comité Cidadán é unha pataforma que agrupa a máis de medio centenar de entidades locais contra a ubicación dunha planta de gas de Reganosa no interior da ría de Ferrol (Galicia -España). Ademais, somos cofundadores da “Rede Litoral Vivo“, constituida o 10 de febreiro de 2007.

correo electrónico do Cté. Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol é: comitecidadan@iespana.es

copiado do blog Cté. Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

25/6/07

ENTREVISTA NA TVG (13 xuño) Ó COORDINADOR DO COMITÉ CIDADÁN

Junio 23rd, 2007 by Comité Cidadán

Claves para que remate as ameazas que supón Reganosa para a vida humana e a riqueza marisqueira da ría de Ferrol.

Nota do 13 de xuño:

Hoxe na Televisión de Galicia (TVG), ás 9,43 horas o Coordinador do Comité Cidadán, Carmelo Teixeiro foi entrevistado no programa informativo “Bos Días”.

Carmelo Teixeiro quere avisar os que o vexan que prefireu non perder tempo en correxir o cargo que se lle asignou de Presidente do Comité Cidadan de Emerxencia. Tamén que as cifras que menciona de agua do mar que Reganosa pretende usar, 300.000 toneladas e 600.000 toneladas, son cifras redondeadas por dia.

A primeira cifra corresponde á capacidade de Regasificación de 322.500 m3/hora que consta na autorizacion a Reganosa para a que precisaria duns 43 barcos ó ano, un cada 9 días. A segunda cifra correspondería a ampliación que pretende de 800.000 m3/hora para o que precisaria susministro duns 105 metaneros ó ano, un cada tres días de 140.000 m3.

Así mesmo, ademais de responder claramente á situacion de Bernardo Bastida, nesa entevista Carmelo Teixeiro tratou no resto do contido de deixar ben claro que Reganosa non e estratéxica nin esta feita, ademais das claves de como pode ser resolto, a favor da poboacion e dos intereses de Galicia, o conflicto social que Reganosa vén plantexando desde case dez anos.


copiado do blog
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Esta

23/6/07

Videos da concentración (Cacerolada-Tamborrada 21.06.2007)


Video feito por Damch


Video pillado na web do Colectivo Anarquista Unión Libertaria:
unionlibertaria.org



___________________

Videos da concentración (Cacerolada-Tamborrada 21.06.2007), para alertar do perigo que supón REGANOSA dentro da Ría de Ferrol e para protestar pola entrada dun novo buque cargado de gas. Desde as nove da noite até as dez e media, máis de trescentas persoas mantiveron unha protesta sonora, batendo en cacerolas, para alertar do perigo que supoñen as instalacións de REGANOSA dentro da Ría de Ferrol, facendo da Ría unha zona insegura e perigosa que no caso de accidente as consecuencias serían irreparábeis e catastróficas.
copiado do blog Platafroma Artabra 21

Esta

22/6/07

Rolda de prensa 21 xuño:

Cunha sonora cazolada, tamboreada e pitada de case unha hora e media desde as 21 horas ata as 22,30 horas, unhos 1.500 participantes convocados polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, recibiron a entrada na Ría de Ferrol do tercer metanero con destino ás instalacions que Reganosa está construindo.

Roda prensa 21 xuño 2007

Adxúntase a nota (e unha serie de fotos) do contido dado ós medios de comunicación nunha roda de prensa que tivo lugar as 20:00 horas na que tomaron a palabra Carmelo Teixeiro, Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia e Bernardo Bastida, Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol.

As actuacións realizadas con motivo dos dous primeiros metaneros cargados de GNL, Galicia Spìrit e Mourad Didouche, teñen pulverizado os muros de silencio que durante sete anos estaban impedindo se coñecése fóra de Ferrolterra e no resto do mundo o conflito social que desde o ano 1997 os promotores de Reganosa provocaron co apoio da Xunta de Galicia, cunha Planta de Gas que están construíndo dentro da Ría de Ferrol, a pesar de que desde o ano 1994 existe un lugar para iso, onde se está construíndo o Porto Exterior. Nesta nova etapa informativa queremos mostrar o noso agradecemento aos medios que están emitindo contidos de fondo neste conflito. Neste novo marco o pasado día 10 de xuño xa fixemos público o noso reto a un debate en directo e cara a cara cos máximos representantes da Xunta de Galicia, a fin de que desistan no seu apoio a Reganosa e empecen a pensar nunha plataforma gasista galega, por gasoduto ou planta de Gas, con promotores distintos e con proxectos compatibles co desenvolvemento sostible e que respecten a vida humana e o medioambiente.

Con motivo da chegada dun terceiro buque gasero para Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, logo de analizalo na Asemblea Cidadá, descartou para hoxe a utilización de lanchas e acordou unha concentración cunha cacerolada e tamboreada, nos peiraos de Curuxeiras en Ferrol, para as 21 horas, que se iniciará diante dos edificios da Autoridade Portuaria e desprazarase ata o extremo sur ou miradoiro e paseo marítimo fronte ás murallas do arsenal Naval Militar, despois do embarcadoiro de pasaxe de lanchas, a fin de que a cidadanía poida:

a) Demostrar a súa solidariedade para que sexan sobreseídos os procesos xudiciais en curso contra o Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol e outros traballadores do mar na Ría de Ferrol, por mor das denuncias que contra os mesmos foron presentadas, por actuacións ou incidentes que se produciron no contexto de actividades do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, en defensa da vida, da riqueza marisqueira da Ría e da legalidade, realizadas con motivo dos metaneros Galicia Spirit e Mourad Didouche.

b) Expresar o seu rexeitamento pola entrada ilegal dentro da Ría de Ferrol dun terceiro buque Gasero, agora o chamado “Cádiz Knutsen” cunha eslora total de 284,4 metros e cargado con 114.400 m3 de Gas Natural Licuado para descargar nas instalacións que Reganosa está construíndo dentro da angosta Ría de Ferrol, sen que a planta de gas teña todos os permisos; sen terminar as súas obras; sen a autorización de funcionamento que require o articulo 85 do Real Decreto 1434/2002 de 27 de decembro, sen ter cumprimentado os condicionados da súa autorización de construción, entre eles o articulo 12 do Real Decreto 1254/99 de 16 de xullo sobre distancias suficientes ata as poboacións, sen que Reganosa nin a Autoridade Portuaria acrediten que se poida realizar a saída ao mar dos buques gaseros no caso dun accidente durante a descarga, coa máxima rapidez e polos seus propios medios, segundo require a norma EN-1532, polo que desde o pasado 9 de maio, con mais probabilidades na entrada e descarga dun buque gasero cargado de GNL, existe un risco real para a vida humana na Ría de Ferrol, para a súa riqueza marisqueira e para o emprego dos seus 600 traballadores do mar.

c) Manifestar e reclamar ao Ministerio de Industria, que o seu organismo provincial na Coruña chamado “Área de Industria e Energía”, dependente da Delegacion do Goberno, non autorice a entrada en funcionamento de Reganosa.

Noutras actuacións e coa finalidade de que Reganosa non entre en funcionamento, acordouse:

  1. En próximos dias presentar unha querella penal, por infracción das normas de seguridade establecidas, cuxa inobservancia pode ocasionar resultados catastróficos e poñan en concreto perigo a vida, a integridade física das persoas ou o medioambiente.

  2. En datas próximas convocar unha gran mobilización en Ferrol, con recollida de firmas para alcanzar o maior numero posible reclamando que non sexa autorizado o funcionamento de Reganosa.

Reiteramos que desde o pasado día 9 de maio, existe un perigo real e aumento da probabilidade de accidente grave cada vez que un metanero cargado de GNL entre a descargar, a sabendas de que en caso de emerxencia non pode saír ao mar aberto polos seus medios e con toda rapidez, tal e como require a normativa aplicable.

Por todo iso, con esta nova forma de protesta de hoxe, esperamos que as autoridades competentes salgan da súa rutina e entendan que somos nós os que estamos ao lado da orde e da lei, en defensa da vida e da riqueza natural da ría, así mesmo para deixar constancia de que están fóra da lei quen sigan permitindo que as instalacións de Reganosa continúen ameazando a vida de miles de persoas, ao medioambiente da Ría e o emprego dos actuais 600 traballadores do mar.

¡Planta de Gas Fóra da Ría.!

copiado do blog
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Esta



21/6/07

IMAGENES DA CACEROLADA










PD - o tempo non foi o mellor para sacar fotos, perdoade a calidade das mesmas.



Esta ADEGA/GALIZA

HOXE xoves, 21 de xuño, ás 9 da tarde concentración (cacerolada - tamborrada) convocada no peirao de Ferrol

Conforme ao acordado na última Asemblea Xeral da PA21, e como así ven sendo desde que se constitueu a nosa plataforma cidadá, de apoio ao Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e a Asemblea Cidadá en tódalas súas resolucións encamiñadas á oposición da Planta de Gas dentro da Ría, a Plataforma Ártabra 21, chama ás diferentes organizacións, asociacións e colectivos da Comarca e a cidadanía en xeral, a participar hoxe xoves, 21 de xuño, ás 9 da tarde na concentración [cacerolada - tamborrada] convocada no peirao de Ferrol, para protestar pola entrada dun novo buque gaseiro cargado de GNL [Gas Natural Liquidificado] e para alertar do perigo que supoñen as instalacións de REGANOSA dentro da Ría de Ferrol.

__________________________


Enlace co Blog que oferta un número importante de enlaces con noticias que se produzen con respeito á planta regasificadora de REGANOSA

__________________________

Algúns audios interesantes do programa especial de Rádio FilispiM sobre a manifestación do 3 de xuño en Ferrol, con entrevistas de moito interese.

[ E n t r a ]



¿Por que a planta de Gas non pode estar dentro da Ría?


FUNDAMENTOS -

FUNDAMENTO 1º : Non cumpre co RAMINP (Reglamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas) Decreto 2414/1961.

FUNDAMENTO 2º : Non cumpre o R. D. 6//2.001 do 8 de maio sobre EVALUACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL (Directiva europea 97 /11 /CEE) - NON SE TIVO EN CONTA - (Modifica o R.D. Lexislativo 1302/1986 do 28 de xuño - Directiva europea 85/337/CEE).

FUNDAMENTO 3º
: Non cumpre a norma UNE - NE 1532 sobre INSTALACIÓNS E EQUIPOS PARA GAS LICUADO ? Interfaz entre buque e terra ? Marzo de 1.997 SAÍDA Ao MAR DE BUQUES GASEROS EN CASO DE URXENCIA REQUERIMIENTOS PRINCIPAIS SOBRE ASPECTOS DE SEGURIDADE DE BUQUES GASEROS A CUMPRIR NOS TERMINALES DE DESCARGA DE GAS NATURAL LICUADO (GNL).


FUNDAMENTO 4º
: Non cumpre o R.D. 1254 / 1999 "Medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan sustancias perigosas" (Directiva Europea 96/82/CE ? Lei Seveso II)


copiado de
Plataforma Artabra 21

20/6/07

Xoves 21 de xuño, 21 h Cacerolada contra Reganosa (entrada 3er. gaseiro) no Porto de Ferrol


Con motivo da chegada dun terceiro gasero cargado de Gas Natural Licuado, o Comite Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. acordou convocar á cidadanía, para o xoves 21 de xuño ás 21 horas, a unha concentración nos peiraos de Ferrol para unha cacerolada - tamborrada de protesta e alerta en relación co perigo que supón as instalacións de Reganosa.

O terceiro metanero que cargado de gas natural licuado pretende entrar na Ría de Ferrol, chámase “Cadiz Knutsen”, cunha eslora total de 284,4 metros, manga ou ancho de 42,5 metros e calado de 11,3 metros, ten capacidade para 138.000 m3. de GNL.

A esta hora coñécese que a entrada na Ría de Ferrol do devandito metanero podería producirse coa segunda pleamar diúrna do xoves 21 de xuño, que terá lugar ás 22:09 horas.


Comite Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol acordou convocar á cidadanía a unha concentración para as 21 horas deste xoves 21 de xuño, nos peiraos de Ferrol, no extremo sur onde atracan as lanchas de pasaxe e no miradoiro existente fronte ás murallas do Arsenal Naval Militar, para protagonizar unha sonora cacerolada e tamboreada.

Ás 20, 00 horas, do xoves 21 de xuño, nos locais da A.VV de Ferrol Vello terá lugar unha rolda de prensa na que se explicarán os motivos desta concentración e outras actuacións a realizar.


Cádiz Knutsen







O Metanero Cádiz Knutsen

Propiedade de Union FENOSA, o metenero Cádiz Knutsen comezou a navegar no mes de xuño de 2004, unha vez superadas as probas de mar e de gas. O buque está destinado ao transporte de gas natural licuado a baixas temperaturas, “-163ºC”, ten unha capacidade de 138.000m3, mide 284,40 metros de eslora e desenvolve unha velocidade máxima de 19,5 nós. É o segundo dos construídos no estaleiro Puerto Real e supuxo máis de 1.750.000 horas de traballo. O gasero pertence á flota que UNION FENOSA contratou para transportar gas natural licuado (GNL) desde a planta de licuefacción que constrúe no porto exipcio de Damietta.

O buque necesita arredor de 15 días para efectuar unha viaxe Exipto-Ferrol-Exipto navegando á velocidade de deseño, ou preto de 10 días se a descarga prodúcese na terminal de Sagunto. A flota de UNION FENOSA conta con outro metanero de 140.500 metros cúbicos.
- Velocidade en servizo: 19,5 nós
- Tripulación: 40 persoas
- Potencia: 28.000 kW a 83 rpm xerados por unha turbina de vapor tipo Kawasaki-IZAR, fornecida pola Fábrica de Turbinas de IZAR situada en Ferrol.

copiado - Comite Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol


Trailer do documental "O Salario do Silencio"
de Mabel Rivera e Enrique Banet














video corto "O Salario do Silencio"




"O Salario do Silencio"

Sobre a Planta de Gas
que construe REGANOSA
na Ría de Ferrol.


Realizado por:
Mabel Rivera e Enrique Banet
Producción: Namche Film, S.L.

Lampai (Teo, A Corunha)

A Grela, 1 C.P.: 15883

Tlfno: 981 800 200

-----------------------

Também para a súa difusom ponherse em contacto co Comité Cidadám de Emergência para a Ria de Ferrol.

O seu correo electrónico é: comitecidadan@iespana.es

A súa web: http://comitecidadan.org/


"Muros de Silencio"




No momento mais quente da loita cidadá "Planta de Gás fora da Ría", a Asociación Cultural Fuco Buxan, presentou o libro "Muros de Silencio", na Aula Magna da Facultade de Humanidades no Campus de Esteiro en Ferrol. Onde interviñeron:

• José Santamarta (director de Worldwatch España)

e os autores do mesmo

• Carmelo Teixeiro Menéndez

• Enrique Barrera Beitia

• M.Angel Rodríguez Carballeira

Importante documento para entender, o porqué e o como puideron instalar a planta regasificadora dentro da Ría de Ferrol, sobre a corrupción subxacente e a ameaza que significa para a saúde ambiental da Ría e a vida da poboación que vive no seu contorno.

Ferrol Terra de Trasancos, 10 de maio de 2007

Podes conseguir este libro poñendote en contacto coa asociación en:

Apartado de Correios, 240. Ferrol 15400. Galiza

Tlfn. 981.325.492

fucobuxan@yahoo.es

http://www.fucobuxan.com/

----------------------

Artigo de Manuel Rivas, no xornal El País [25.05.2007]

"Os Muros de Silencio"