Galicia
Reganosa peligrosa

15/8/07

O Metanero 'Akwa Ibom', é o sexto con destino a Reganosa, en ruta para entrar na angosta Ría de Ferrol este próximo xoves 16 de agosto de 2007

O sexto metanero con destino a Reganosa, chámase Akwa Ibom. Foi construído no ano 2004 nos estaleiros coreanos Hyundai Heavy Ind., ten bandeira de Bermudas e o seu propietario é Bonny Gas Transport Bermuda Shell. Cunha eslora de 285 metros ten capacidade para transportar 134.487 metros cúbicos de Gas Natural Licuado, descoñecéndose neste momento a carga que trae, o seu desprazamento total é de 118.000 toneladas. Vén en ruta para entrar na angosta ría de Ferrol este próximo xoves 16 de agosto de 2007 ás 19:23 horas, coa única pleamar diurna, para repetir a ameaza á vida humana durante a súa entrada e descarga, pois este tipo de buques no caso dunha emerxencia, durante a descarga ou na súa navegación por dentro da Ría, non teñen garantida a saída ao mar, con rapidez e polos seus medios, tal e como require a norma EN-1532 que é obrigatoria para Reganosa.

Segundo acordo da última Asemblea Cidadá do pasado 9 de agosto o Comité Cidadán de Emerxencia convocará como mínimo unha cacerolada nos peiraos de Ferrol, sen descartar outras actuacións en función dos medios dispoñibles.

A continuación unha foto do Metanero Akwa Ibom, tomada de Internet, na que se pode apreciar que o seu tamaño é dos máis grandes.

________________

CONCENTRACIÓN
Xoves 16 de Agosto

Ás 7 da Tarde, no Porto de Ferrol,
para protestar pola entrada na Ría,
dun novo buque gaseiro,
cargado de GNL,
para REGANOSA

Acude á concentración
con cacerolas ou
elementros de percusión

Participa !!


Convoca:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

copiado do blog Plataforma Artabra 21