Galicia
Reganosa peligrosa

22/6/07

Rolda de prensa 21 xuño:

Cunha sonora cazolada, tamboreada e pitada de case unha hora e media desde as 21 horas ata as 22,30 horas, unhos 1.500 participantes convocados polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, recibiron a entrada na Ría de Ferrol do tercer metanero con destino ás instalacions que Reganosa está construindo.

Roda prensa 21 xuño 2007

Adxúntase a nota (e unha serie de fotos) do contido dado ós medios de comunicación nunha roda de prensa que tivo lugar as 20:00 horas na que tomaron a palabra Carmelo Teixeiro, Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia e Bernardo Bastida, Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol.

As actuacións realizadas con motivo dos dous primeiros metaneros cargados de GNL, Galicia Spìrit e Mourad Didouche, teñen pulverizado os muros de silencio que durante sete anos estaban impedindo se coñecése fóra de Ferrolterra e no resto do mundo o conflito social que desde o ano 1997 os promotores de Reganosa provocaron co apoio da Xunta de Galicia, cunha Planta de Gas que están construíndo dentro da Ría de Ferrol, a pesar de que desde o ano 1994 existe un lugar para iso, onde se está construíndo o Porto Exterior. Nesta nova etapa informativa queremos mostrar o noso agradecemento aos medios que están emitindo contidos de fondo neste conflito. Neste novo marco o pasado día 10 de xuño xa fixemos público o noso reto a un debate en directo e cara a cara cos máximos representantes da Xunta de Galicia, a fin de que desistan no seu apoio a Reganosa e empecen a pensar nunha plataforma gasista galega, por gasoduto ou planta de Gas, con promotores distintos e con proxectos compatibles co desenvolvemento sostible e que respecten a vida humana e o medioambiente.

Con motivo da chegada dun terceiro buque gasero para Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, logo de analizalo na Asemblea Cidadá, descartou para hoxe a utilización de lanchas e acordou unha concentración cunha cacerolada e tamboreada, nos peiraos de Curuxeiras en Ferrol, para as 21 horas, que se iniciará diante dos edificios da Autoridade Portuaria e desprazarase ata o extremo sur ou miradoiro e paseo marítimo fronte ás murallas do arsenal Naval Militar, despois do embarcadoiro de pasaxe de lanchas, a fin de que a cidadanía poida:

a) Demostrar a súa solidariedade para que sexan sobreseídos os procesos xudiciais en curso contra o Patrón Maior da Confraría de Pescadores de Ferrol e outros traballadores do mar na Ría de Ferrol, por mor das denuncias que contra os mesmos foron presentadas, por actuacións ou incidentes que se produciron no contexto de actividades do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, en defensa da vida, da riqueza marisqueira da Ría e da legalidade, realizadas con motivo dos metaneros Galicia Spirit e Mourad Didouche.

b) Expresar o seu rexeitamento pola entrada ilegal dentro da Ría de Ferrol dun terceiro buque Gasero, agora o chamado “Cádiz Knutsen” cunha eslora total de 284,4 metros e cargado con 114.400 m3 de Gas Natural Licuado para descargar nas instalacións que Reganosa está construíndo dentro da angosta Ría de Ferrol, sen que a planta de gas teña todos os permisos; sen terminar as súas obras; sen a autorización de funcionamento que require o articulo 85 do Real Decreto 1434/2002 de 27 de decembro, sen ter cumprimentado os condicionados da súa autorización de construción, entre eles o articulo 12 do Real Decreto 1254/99 de 16 de xullo sobre distancias suficientes ata as poboacións, sen que Reganosa nin a Autoridade Portuaria acrediten que se poida realizar a saída ao mar dos buques gaseros no caso dun accidente durante a descarga, coa máxima rapidez e polos seus propios medios, segundo require a norma EN-1532, polo que desde o pasado 9 de maio, con mais probabilidades na entrada e descarga dun buque gasero cargado de GNL, existe un risco real para a vida humana na Ría de Ferrol, para a súa riqueza marisqueira e para o emprego dos seus 600 traballadores do mar.

c) Manifestar e reclamar ao Ministerio de Industria, que o seu organismo provincial na Coruña chamado “Área de Industria e Energía”, dependente da Delegacion do Goberno, non autorice a entrada en funcionamento de Reganosa.

Noutras actuacións e coa finalidade de que Reganosa non entre en funcionamento, acordouse:

  1. En próximos dias presentar unha querella penal, por infracción das normas de seguridade establecidas, cuxa inobservancia pode ocasionar resultados catastróficos e poñan en concreto perigo a vida, a integridade física das persoas ou o medioambiente.

  2. En datas próximas convocar unha gran mobilización en Ferrol, con recollida de firmas para alcanzar o maior numero posible reclamando que non sexa autorizado o funcionamento de Reganosa.

Reiteramos que desde o pasado día 9 de maio, existe un perigo real e aumento da probabilidade de accidente grave cada vez que un metanero cargado de GNL entre a descargar, a sabendas de que en caso de emerxencia non pode saír ao mar aberto polos seus medios e con toda rapidez, tal e como require a normativa aplicable.

Por todo iso, con esta nova forma de protesta de hoxe, esperamos que as autoridades competentes salgan da súa rutina e entendan que somos nós os que estamos ao lado da orde e da lei, en defensa da vida e da riqueza natural da ría, así mesmo para deixar constancia de que están fóra da lei quen sigan permitindo que as instalacións de Reganosa continúen ameazando a vida de miles de persoas, ao medioambiente da Ría e o emprego dos actuais 600 traballadores do mar.

¡Planta de Gas Fóra da Ría.!

copiado do blog
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Esta