Galicia
Reganosa peligrosa

20/7/07

Apropósito do Plano de Emerxencia Exterior de Reganosa, aprobado polo Consello Xeral da Xunta, o 19 de xullo de 2007


Este escrito foi enviado a:

zapatero -jlrzapatero@presidencia.gob.es-, Presidente Xunta -presidente@xunta.es-, BNG -sedenacional@bng-galiza.org-

Plan de Emerxencia Exterior de Reganosa

Con respecto á noticia do PEE de Reganosa que a Xunta acaba de pór en marcha despois de, entre outras, as nosas reiteradas denuncias durante o último ano, debo dicir como responsable de Catástrofes do 061 de Ferrol que unha vez máis estase conculcando a lei Seveso que esixe:

1º Informar á poboación próxima.

2º Consultala para ver se está de acordo coa instalacion desa industria perigosa nas proximidades das súas casas e se están de acordo.

3º Adestrala para que saiban recoñecer e actuar ante unha alerta de risco.

Nada disto se fíxo. Os cidadáns non saben a dia de hoxe como enfrontar unha posible urxencia en Reganosa, mais cando o risco é máximo debido a estar en fase de probas.

Dicir tamén que os equipos intervinientes en primeira instancia que somos os sanitarios do 061 e o corpo de bombeiros de Ferrol non tiveron coñecemento en ningun momento deste PEE, e polo tanto, os que debemos facer fronte ao risco non coñecemos os riscos potenciais avaliados, tanto para nós como para a poboación, e como imos enfrontalos se non fomos adestrados no manexo dun risco tan inmenso como é o GNL?.

Estudos internacionais do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts ou a Univ. de Arkansas mencionan un radio de dispersión de 3 Km para 12.000 Tm de GNL. Isto abrcaría 40.000 persoas de Ferrol. Recordemos que en Reganosa haberá 300.000 Tm, ou sexa, pode ser un radio moi superior ao dos estudos de 12.000 Tm.

Xa que logo, fronte a unha posible catástrofe, será imposible facerlle fronte soa nos 400 mts que cita o PEE. Proteccion Civil está sendo manipulada por criterios de connviencia politica cos industriais que promoven esta perigosa industria e estanse vulnerando todas as leis de prevecnion de riscos para a poboación, como sen dúbida a xustiza ditaminará algun día.

Non é estraño pois co PEE de Forestal do Atlantico (depositos de 280.000 m3 de combustibles que están xunto a Reganosa) fixeron o mesmo tamén.

Esperemos que non haxa un accidente en ningunha destas industrias, porque entón será demasiado tarde. Xa arderon 4 plantas de gas no mundo con miles de mortos e ducias de gasodutos como o que sae de Reganosa, tamén con centos de mortos. Recordemos que o pasado 14 de Outubro un dos tanques de Reganosa ardeu completamente durante tres días e os bombeiros foron incapaces de apagalo. De haber gas natural licuado no seu interior probablemente xa non estariamos aqui contándoo.

Apelamos á responsabilidade e implicación en conciencia de todos os profesionais do xornalismo para trasladar o coñecemento deste inmenso risco á poboación, e con gusto facilitarémoslles todos os informes internacionais que describen o altísimo potencial destrutor deste combustible, que está sendo cuestionado e paralizado en EEUU (ver informe de GAO), debido ao inmenso perigo que supón. E iso que alí non o pon dentro dos nucleos de poblacion, senón en mar dentro, a 15 Km da costa ou ben en lugares remotos e illados. A explosion da planta de Cleveland en 1944 levoulles a crear unha legislacion restritiva pois houbo 131 mortos e 225 feridos. Posteriormente arderon 3 plantas mais: 1984 San Juan de Ixhuatepec, Mejico, 500 mortos e miles de desaperecidos; 1998 Longford, Australia con 40.000 evacuados en escasos minutos que evitou non mais de 3 mortos, e a mais recente en 2004 en Skidda, Alxeria, a planta dos socios de Reganosa estalou con polo menos 20 mortos demostrando que a tecnoloxía do GNL non é segura tampouco hoxe en día, e menos cando está proxima ás casas.

Non cuestionamos o gas senón a súa localización na proximidade de núcleos habitados, con buques gasseros navegando a 500 mts das casas de Ferrol e xunto ao arsenal e as bases militares da Armada, conviertiendolas en obxectivo terrorista de primeira orde.

Chegou o momento de que cada cal asuma o seu responsablilidad neste asunto, onde o poder do diñeiro transcende as garantías de seguridade para a vida das persoas (recorden Chernovyl ou Bhopal), e os Profesionais de Emerxencias e Urxencias do area de Ferrol xa manifestamos o pasado dia 8 de Marzo de 2006 a nosa oposición á localización dunha planta de gas nas inmediacións de Ferrol e Mugardos por mor do seu inmenso potencial destrutor que comporta en caso de accidente.

Agora tócalle aos axentes sociais, politicos, mediáticos e xurídicos facer o mesmo, se é que defenden a quen din defender, e non aos intereses económicos de certos empresarios.

Un saúdo
Carlos A. Lareo
Comisionado para Catástrofes do 061 en Ferrol
Copiado do blog Plataforma Artabra 21