Galicia
Reganosa peligrosa

10/7/07

PLANTA DE GAS - FISCALIA ANTICORRUPCIÓN

Os opositores á planta de gas elevarán á fiscalía anticorrupción o convenio de Reganosa e a Xunta










O Comité de Emerxencia da Ría de Ferrol anunciou onte que elevará ante a fiscalía anticorrupción unha copia do convenio de colaboración asinado en xuño do 2000 entre a Xunta de Galicia e Reganosa, para que investigue se existen irregularidades nese acordo.

Os opositores a esta industria queren que a fiscalía investigue se o ex conselleiro de Economía, José Antornio Orza, con participacións nalgunha firma do Grupo Tojeiro, podería haberse beneficiado da posta en marcha da regasificadora.

Plan de seguridade .- O comité sostén que o plan de urxencia exterior de Reganosa -aprobado o pasado luns polo Consello Galego de Protección Civil- «é un falso papel motivado polas responsabilidades civís ou penais nas que puidese incorrer a Autoridade Portuaria, por autorizar a atracada en Punta Promontoiro de tres metaneros para descargar gas natural licuado».

Dáse a circunstancia de que, durante os boicots aos barcos gaseros, a Delegación do Goberno en Galicia informou reiteradamente de que a empresa contaba con todos os permisos legais para poder recibir os metaneros e de que foron os mariscadores e os autores do bloqueo aos barcos os que se situaban fóra da lei.

Os opositores a Reganosa tamén criticaron á Delegación provincial de Industria por non permitirlles consultar o plan de urxencia exterior, que está pendente da luz verde do Consello Nacional de Protección Civil. Ademais, esixiron ao alcalde de Mugardos, Xosé Fernández Barcia, que reclame «que se aplique o mínimo de 2.000 metros de distancia ata a poboación».

copiado do blog IU-ferrol