Concentración no peirao o próximo venres 13 de xullo

Así mesmo a Asemblea valorou como positiva a cacerolada realizada o 21 de xuño, como unha actividade que pode repetirse, pero para este venres temos previsto a colocación de pancartas.

Unha das propostas foi a dunha cacerolada-tamborrada-Pitada por mar en distintas lanchas por espazos nos que non estea restrinxida a navegación. Así mesmo a colocación de pancartas e pintadas en lugares desacados.
Dado que o número de tarefas e actuacións para os meses de xullo e agosto é alta e maxime para estas datas estivais, acordouse na próxima semana unha reunión ampliada con persoas das que realizaron propostas, para a súa participación nas actuacións propostas.
Entre outras devanditas actuacións propostas inclúen unha gran manifestación para o mes de setembro ou outubro, recollida de semente número de firmas nun escrito pronunciandose para que non sexa aprobado o acta de funcionamento definitivo de Reganosa, proxección os venres pola noite da reportaxe de Linea 900 e do Documental de Namche Films, distribución e venda 3.000 de bandeiras co slogan Planta de Gas Fóra da Ría e nova serie de 400 camisetas, actuacións con pintadas, pancartas e manifestacións por terra ou por mar con ou sen cacerolada, mocións nos concellos da Ría, actuacións con socios de Reganosa, cadeas humanas, señalización en Mugardos do perimetro dos 2.000 metros e doutros como o dos 400 metros, caceroladas-tamaborradas en Ferrol e/ou en Mugardos, entrevistas con institucións implicadas segundo unha relación que se presentou e dentro da cal figura a entrevista xa solicitada co Alcalde de Ferrol que será para finais de xullo, inventariar todas as actuacións legais posibles, etc.
Saúdos
Carmelo Teixeiro
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
O seu correo electrónico é: comitecidadan@iespana.es
A súa web: http://comitecidadan.org/
______________________
copiado do blog plataforma Artabra