Suma a túa firma.
Os que abaixo asinan, manifestan o seu total desacordo coa ubicación dunha planta de Gas Natural Licuado dentro da pequena e angosta Ría de Ferrol, que Reganosa está construíndo sen ter acreditado que cumpre coa lexislación vixente, nas proximidades de núcleos de poboación que suman máis de 100.000 habitantes, cuxa vida ameazaría en caso de entrar en funcionamento, co risco permanente dun accidente grave na planta ou nos grandes buques gaseros cargados de GNL, cuxa ruta de navegación pasaría a escasa distancia da poboación e do arsenal naval militar.
Tamén, no caso de entrar en funcionamento, Reganosa ameazaría a destrución da riqueza natural da Ría, que é o medio de vida de preto dun milleiro de mariscadores, así mesmo sería un grave obstáculo para a declaración de patrimonio da humanidade proposta para os Castelos e Arsenais, ademais de que provocaría perdas no patrimonio histórico e na potencialidade turística.
Denunciamos que é imposible que Reganosa poida cumprimentar os condicionados impostos na súa autorización de construción, sobre distancias de seguridade respecto das poboacións próximas e para a saída de urxencia dos buques gaseros, polo que non estarían salvagardadas as persoas e os seus bens. Denunciamos o anuncio da súa entrada en funcionamento saltándose ditos condicionados. Así o facemos constar cando aínda estamos a tempo de evitar unha traxedia.
Pola ameaza que implicaría Reganosa para a vida humana nas poboacións próximas e por ser totalmente contraria ao desenvolvemento sostenible da Ría de Ferrol, non debe ser autorizada a súa entrada en funcionamento, trámite que ten a obrigación de solicitar.
Desde o ano 1994 en Cabo Prioriño existe unha ubicación idónea para unha Planta de Gas en Galicia, no mesmo espazo onde se está construíndo o Porto Exterior, con suficiente illamento da poboación e onde se poden cumprimentar todos os requisitos aplicables, a tempo suficiente para que Galicia poida dispoñer dunha plataforma gasista.
Nome e apelidos Ocupación DNI
Manuel Rivas Barros, Escritor. Teresa Navaza González, Xornalista. Suso de Toro Santos, Escritor. Lino Braxe Mendía, Poeta-Actor. Xosé Manuel Beiras Torrado, Catedrático. Luis Gonzalez Tosar, Escritor. Xesús Alonso Montero, Catedrático. Laura Perez Landeira, Empresaria. Adela Figueroa, Presidenta de Adega. Miguel de Lira, Actor. Xan Duro, Coordinador Xeral de Verdegaia. Antonio Carnero Pose, Investigador. Manuel Lago Peñas, Economista. Enrique Banet Lopez, Realizador. Mabel Rivera, Actriz. Elina Luaces Ferreiro, Actriz. Jose Naya Díaz. Catedrático. Pedro A. Pomo García, Escritor. Modesto Fraga Moure, Escritor. Francisco M. López Martínez, Escritor. Xavier Castro Martínez, Diseñador (e siguen moitos máis)…
Prégase que os exemplares asignados (adxuntando nome e apelidos, ocupación e dni) se entreguen ao Comité Cidadán ou se envien por Correo Postal á seguinte dirección:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.
Ateneo Ferrolán
Apartado de Correos 303
Ferrol 15401correo electrónico é: comitecidadan@iespana.es
copiado do blog do blog do Cté. Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
CAMPAÑA DE RECOGIDA DE FIRMAS CONTRA LA UBICACIÓN DE REGANOSA.doc (31.5 KB, 0 visitas) | |
CAMPAÑA DE RECOGIDA DE FIRMAS CONTRA LA UBICACIÓN DE REGANOSA.pdf (11.5 KB, 0 visitas) |
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE SIGNATURAS CONTRA PLANTA DE GAS DENTRO DA RÍA.doc (32.5 KB, 0 visitas) | |
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE SIGNATURAS CONTRA PLANTA DE GAS DE….pdf (12.8 KB, 0 visitas) |