Galicia
Reganosa peligrosa

27/7/07

Veciñanza pechada desde o luns no Concello de Mugardos: Solidariedade


Veciños no peche de MugardosManteñamos a solidariedade coa veciñanza pechada no concello de Mugardos:

Facendo visitas individuais ao lugar do peche, na casa do Concello de Mugardos.

O venres 27 de xullo, as 20 horas os integrantes da Asemblea Cidadán estamos a coincidir na visita, para ver si concretamos mobilizacións de apoio nos vindeiros días. Caso necesario improvisaríase unha xuntanza na Praza do Concello, onde fan o cine.

Enviándolles cartas ou telegramas de apoio e solidariedade á Casa do Concello. Av. de Galiza, 45, Mugardos 15622, teléfono 981470290 e Fax: 981 472 017.

Remitindo aos medios de comunicación notas de prensa de apoio.

Acordando en asociacións, comités de empresa e outras entidades, mostras de solidariedade e apoio á veciñanza pechada, na defensa da vida, das súas vivendas e da súa seguridade.

Remitindo cartas, Fax ou telegramas as autoridades que abaixo se indican, para que atendan as demandas veciñais e para que non sexa aprobada o acta de explotación comercial, ou de entrada en funcionamento definitivo, que Reganosa ten obrigatoriamente que solicitar si pode acreditar que ten rematadas as obras,das que o pasado mes de xuño había anunciado seu remate e agora sábese que as ten retrasadas por mor de trapalladas nas mesmas, non séndolle posible resolver tódolos condicionados da súa autorización de construción.

A continuación se indican uns enderezos de autoridades implicadas, as que se pode manifestar o rexeitamento a REGANOSA e o apoio á veciñanza de Mugardos, asemade solicitar seu apoio para que non sexa aprobada o acta de explotación comercial, ou de entrada en funcionamento definitivo, que Reganosa ten a obriga de solicitar. Non sendo posible que Reganosa resolva os condicionados de distancias as poboacións e de saída o mar dos buques gaseiros en caso de emerxencia, tamén para solicitarlles que sexa paralizada a actividade en probas de Reganosa e que non reciba mais metaneros cargados de gas natural licuado, a fin de que deixe de ser unha ameaza para a vida da poboación e o medio ambiente na Ría de Ferrol

Xosé Fernández Barcia (En marzo de 2004 firmou a licenza municipal de obras e actividade).

Alcalde de Mugardos

Avda. de Galicia, 45

Mugardos 15620, Tel.: 981 470 338 / 470 290 - Fax: 981 472 017

Emilio Pérez Touriño (Apoia a Reganosa e aprobou un indebido Plan de Emerxencia Exterior)
Presidente da Xunta de Galicia
Edificios Administrativos - San Caetano, s/n

Santiago de Compostela 15704, Tel.: 981 541 213/541 214 - Fax: 981 541 219
Correo-e:
secre.presiden@xunta.es

Anxo Manuel Quintana González (Idem do Presidente a dúo co mesmo)
Vicepresidente da Igualdade e do Benestar

Edificios Administrativos - San Caetano, s/n
15704 Santiago de Compostela, Tel.: 981 544 619 / 21 - Fax: 981 545 620

Manuel Amejeiras Vales (Ordenou o emprego da forza publica para a entrada de metaneros)

Delegación do Goberno

Praza de Ourense 11 - 15004 A Coruña, Tel.: 981 989 000 Fax: 981 989 247

Francisco Barroso Palomino (Compételle aprobar ou non o acta de explotación comercial)

Area de Industria e Enerxía

Durán Loriga, 9-5º - 15071 A Coruña, Tel.: 981 216 562/63 - Fax: 981 225 246

Joan Clos i Matheu (No ano 2004 seu Ministerio aprobou a autorización de construción (*))

Ministro de Industria

Pº de la Castellana, 160, 28071, Madrid - Tel.: 902 446 006, Fax: Fax: 91-457-8066

(*) (O Area de Industria y Enerxía e un organismo dependente do Ministerio de industria.


copiado tal cual do blog Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol