Galicia
Reganosa peligrosa

1/7/07

Greenpeace menciona a planta de gas "Reganosa" no seu informe sobre o litoral Galego

Greenpeace menciona a planta de gas "Reganosa" nas paxinas 29-30 do seu informe sobre o litoral Galego

E dice:

A empresa Regasificadora do Norte S.A. (Reganosa) promove
un proxecto de instalación dunha planta de gas licuado en
Murgardos (Ferrol), que supón unha ameaza para a seguridade
e o medio natural da ría de Ferrol. A instalación sitúa os
tanques de gas a 300 metros das casas e está rodeada por
7.000 habitantes nun raio de dous quilómetros.
A Comisión Europea decidiu abrir un procedemento de infracción
contra as autoridades españolas pola vulneración das
Directivas 85/337/CEE de avaliación de impacto ambiental e
a 96/82/CE (Seveso II) relativa ao control dos riscos de accidentes
graves nos que interveñan substancias perigosas.
O pasado mes de setembro, o Tribunal Superior de Xustiza de
Galicia ditaba unha segunda sentenza na que consideraba ilegal
a planta. Esta resposta do tribunal obedecía ao recurso
contencioso-administrativo interposto pola Plataforma de Veciños
da Parroquia de Meha e outras asociacións do Comité
Cidadán de Emerxencia contra a Declaración de Efectos
Ambientais do proxecto de planta de almacenaxe e regasificación
de gas natural licuado da empresa Reganosa. O proxecto
incumpriría o Real decreto 6/2001 sobre avaliación de impacto
ambiental ao non avaliar os impactos tanto ambientais
como sobre a saúde humana.
Os promotores escúdanse en que o proxecto de planta é de
1999, cando aínda non estaba trasposta a Directiva 97/11/CEE8
ao ordenamento xurídico español. Esta directiva é do ano
1997, anterior á primeira que elaborou a Comisión Europea
no ano 1985. Con todo, o prazo para a transposición da
Directiva 85/337/CEE á normativa española acabou o 27 de
xuño de 1988 e xa esixía que a planta regasificadora fose
sometida a Avaliación de Impacto Ambiental, tal como se fixo,
por exemplo, para a planta de gas de Caneliñas (BOE do 14
de xuño de 1994).
A pesar da anulación do estudo ambiental polo Tribunal Superior
de Xustiza de Galicia, a sentenza foi recorrida ante o Tribunal
Supremo tanto pola Xunta de Galicia como pola empresa
promotora. Ademais, as obras continuaron.

pillado do Informe sobre o litoral galego feito por GREENPEACE
Fonte Plataforma Artabra